1.2. Instrucións de uso

Este blog está pensado para ir vendo por orde os diferentes apartados que van numerados co fin de que non te perdas.
Ao longo do blog irás atopando diferentes actividades que deberás realizar, recomendámosche que teñas unha funda de plástico perforada (así despois a poderás gardar nalgunha carpeta de argolas) e que vaias escribindo cada actividade nun folio en branco de xeito que ao rematala gardes o folio na funda de plástico.
Para guiáreste na navegación polo blog tes na esquina superior dereita da pantalla un enlace ao índice e debaixo del os enlaces para ir directamente a cada unha das partes.
Aquí tes unha breve explicación do que vas atopar en cada unha delas:

1. E de que vai isto? - É a parte na que estás agora mesmo, dáche a benvida, explícache como usar o material e inclúe un índice de todo o blog.

2. Iso da violencia de xénero - Neste apartado atoparás, entre outras cousas, información sobre: o que é a violencia de xénero; os diferentes tipos de violencia de xénero que existen; a orixe da conmemoración do 25 de novembro, etc.

3. Concurso de carteis - Aquí tes toda a información que precisas para elaborar o teu cartel e participar nun concurso de carteis no teu centro educativo.

4. Fontes - O apartado dedicado ás fontes inclúe os lugares onde se pode atopar a información utilizada para elaborar este blog e tamén outros que son importantes se nos queremos informar sobre a violencia de xénero.

5. Para profes - Este apartado só é para ti se es profesora ou profesor e nel atoparás unha presentación didáctica do material e unhas suxestións de uso para realizar o concurso de carteis no teu centro.

6. Xénese e agradecementos - Aquí explico como naceu este blog e tamén aproveito para lles dar as grazas a todas as persoas que me axudaron a facelo posible.

No hay comentarios: