3.4.4.1. Metáforas visuais

As metáforas visuais son imaxes que remiten a ideas coñecidas por todo o mundo.

Velaquí tes exemplos dalgunhas metáforas visuais moi comúns ao tratar a violencia de xénero:

- O sangue representando a violencia.



- O cravo símbolo da dor, unha metáfora de longa traxectoria na nosa cultura desde que fora empregada por Rosalía de Castro (Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor).


- A candea representando a vida.


- O raio de luz representando a esperanza.


- O puño representando a agresión física.


















- A gaiola como unha situación de prisión, o fogar como gaiola.

No hay comentarios: