Este blog está deseñado para poder ser empregado tanto polo profesorado na aula como para que as alumnas e os alumnos o poidan utilizar autonomamente desde calquera punto con conexión á rede (a biblioteca, o seu domicilio, etc.).A actividade do concurso de carteis está pensada para distribuírse en sesións de clase que poden ser combinadas ou non con traballo fóra da aula segundo se estime conveniente.
A continuación indico unha estimación aproximada das sesións de clase necesarias para levar a cabo a actividade organizadas en 2 temporalizacións posibles:
Temporalización mínima (3 sesións de clase) – realízase un breve percorrido polo blog centrándonos no apartado 2 dedicado á explicación da violencia de xénero. Esta temporalización pódese combinar coa realización dos carteis fóra do horario lectivo.
Temporalización media (5 sesións de clase) – limitámonos a pasear polas diferentes partes do blog, establecementos un pequeno coloquio co alumnado e de actividades realizamos os cuestionarios inicial e final e o cartel.
1ª, 2ª e 3ª sesións: Dedicaranse ao apartado 1 e 2 do blog. O alumnado realizará o cuestionario inicial de xeito individual. Estas tres sesións terán como obxectivo o recoñecemento dos comportamentos que indican violencia de xénero, as diferentes formas de violencia de xénero e as súas consecuencias na sociedade.
4ª e 5ª sesións: Dedicaranse á realización do cartel.
Temporalización longa (10 sesións de clase) – imos analizando cada parte do blog, detémonos na realización das diferentes actividades que se propoñen e realizamos o cartel. Nesta opción dedicámoslle maior cantidade de tempo ao intercambio de opinións co alumnado e en vez de realizar un coloquio de carácter xeral sobre o tema, establecemos varias postas en común centradas en diferentes aspectos da violencia de xénero.
Preténdese que ademais dos grupos que realicen toda a actividade sexa todo o centro o que se sensibilice a través dos carteis co problema da violencia de xénero, é por isto que se recomenda a súa exposición en lugares públicos do centro (corredores, por exemplo).
En cada cartel deberá figurar na parte traseira (non visible para o público) o nome dos autores ou autoras e na parte dianteira (visible para o público) un adhesivo pequeno colocado nunha esquina onde apareza o número do cartel dentro do concurso.
Por último dicir que a papeleta é recomendable que lle sexa repartida a todas as persoas integrantes do centro, sexan docentes ou non, xa que este é un problema que afecta a sociedade na súa totalidade e que é conveniente colocar a urna para introducir os votos nun lugar accesible a todas as horas.
Aquí se ofrece un posible modelo de papeleta de votación
Papeleta de votación
Escribe o número dos 3 carteis que segundo a túa opinión cumpran os seguintes requisitos:
1) Se adapten mellor ao tema da violencia contra as mulleres.
2) Esteticamente resulten máis atractivos e/ou novidosos.
Outórgolle o meu voto aos carteis cos números:
____ ____ ____
No hay comentarios:
Publicar un comentario