3.4.6. Cor

A cor é un aspecto moi relevante no cartel, tanto a cor das imaxes como a cor dos textos.

Podes escoller facer un cartel en branco e negro, tamén con iso se pode conseguir un maior dramatismo.
























Tes que ter en conta unhas cantas cousas sobre a cor para que che quede ben o teu cartel:

- Usa fondos que fagan contraste coas figuras, así salientarán máis. Os contrastes conséguense coa combinación de cores complementarias (por exemplo, a cor violeta e a marela) ou coa combinación de cores harmónicas (por exemplo, a cor vermella e a amarela).

- Usa poucas cores a non ser que o teu cartel por algún motivo requira o contrario.


- Lembra a psicoloxía e a simboloxía das cores: cores frías (azuis), cores cálidas (vermellas).


Simboloxía da cor
A cor negra – O mal, a morte, a noite, a violencia, aínda que tamén o poder e a elegancia...
A cor gris – A frialdade, neutralidade, normalidade, aburrimento, vellez...
A cor branca – A paz, limpeza, pureza, inocencia, virxindade...
A cor vermella – O sangue, vida, sexo, calor, agresividade, alegría, violencia...
A cor laranxa – A alarma, calidez...
A cor amarela – O perigo, chamada de atención, alegría, felicidade...
A cor verde – A natureza, fertilidade, tranquilidade, esperanza, mocidade, decadencia...
A cor azul – A beleza, soidade, tristeza, serenidade, frialdade, orde...
A cor violeta – A elegancia, ostentación, elegancia, relixiosidade...

Se o queres pasar ben xogando coas cores, non deixes de visitar COLOR IN MOTION, unha divertida páxina de Claudia Cortés sobre o simbolismo da cor e a súa importancia na comunicación.

No hay comentarios: