3.2. Breve historia do cartel

As orixes do cartel veñen do século XIX, cando nas paredes das prazas públicas se colocaban panfletos ou bandos de ordenanza para ser vistos polo pobo que deste xeito estaba ao tanto das novas obrigas ou impostos.
Os carteis máis famosos son os do pintor francés Toulouse Lautrec que retratou o mundo do cabaret parisiense.








Outros carteis fixéronse famosos porque amosaban a fuxitivos da xustiza (bandoleiros e asasinos) polos que se ofrecía unha recompensa.










En Galicia temos unha longa tradición cartelística. Velaquí tes algúns exemplos de carteis galegos doutros tempos:
- O da esquerda é un cartel propagandístico da editorial Céltiga anunciando o libro de Castelao Un ollo de vidro.
- O da dereita é un cartel realizado por Castelao para a campaña polo primeiro estatuto galego en xuño de 1936.




















O cartel está moi presente na vida cultural galega, así son variados os concursos de carteis que se convocan ao longo do ano, especialmente para o anuncio de festas e feiras históricas, gastronómicas e patronais (Festa da Faba, Festa do Percebe...), así como tamén para feiras de todo tipo (feiras de mostras, feiras do libro, feiras medievais...) e para eventos culturais e musicais (Festival de Ortigueira, Festa da Carballeira de Zas...). De seguido presentámosche os seguintes carteis:
- Nunca Máis
- Festa da Carballeira de Zas 2007
- Feira do Grelo das Pontes 2007
- Festas do San Froilán de Lugo 2004
- Mostra do Encaixe de Camariñas 2006


































Son varios tamén os concellos galegos que convocan concursos de carteis que teñen como tema a violencia de xénero, como o de Curtis, o de Lalín, o de Poio ou o de Ribeira.

No hay comentarios: