2.10. Actúa

ASINA
Súmate á campaña de Amnistía Internacional para rematar coa violencia contras as mulleres e asina, que o teu nome non falte.


ENVÍA UNHA POSTAL
Podes
colaborar con Amnistía Internacional a concienciar do problema da violencia de xénero ás persoas que coñeces enviándolles postais. Anímate e envía:

CHAMA: 900 400 273 (Teléfono de atención ás mulleres)
LE
Descarga e consulta a Guía de Recursos para Mulleres que sofren a Violencia de Xénero editada en 2006 pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. A publicación presenta unha estruturación comarcal de xeito que unha muller poida saber a onde dirixirse con inmediatez para poder recibir asesoramento e atención coa maior calidade posible. Localiza os puntos de atención máis próximos á túa localidade.

Descarga o documento Defende os teus dereitos. Guía práctica para mulleres que sofren violencia de xénero. Esta guía, elaborada pola Asociación de Mulleres Xuristas Themis, é unha axuda para coñecer de preto a administración de xustiza, o sistema xudicial penal e o sistema xudicial civil no referido á violencia de xénero. Aínda que, en principio, está orientada fundamentalmente ás mulleres que sofren violencia de xénero e que deciden dar o paso de denunciar a súa situación, tamén é un complemento útil para outros tipos de profesionais.

No hay comentarios: