Ademais de informáreste sobre o problema que supón a violencia de xénero, vas ter un obxectivo máis concreto que é a elaboración dun cartel sobre Violencia de Xénero que logo entrará a formar parte dunha exposición e dun concurso que se vai levar a cabo no teu instituto.O cartel pódelo facer de xeito individual ou con dúas compañeiras ou compañeiros, de forma que sexades un máximo de tres persoas por grupo. Agarda, non decidas aínda se o queres realizar individualmente ou en compañía ata ter rematado de ver todas as indicacións que deberás ter en conta para elaborares o teu cartel.
Cando chegue a hora de que decidas como facer o cartel xa te avisarei, ata que chegue ese momento, non te preocupes por este tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario