A violencia machista ou violencia contra as mulleres é un problema de toda a sociedade. Non sexas cómplice, loita contra a VDX. Proposta didáctica sobre cartelismo a través do tema da violencia de xénero. (Na rede dende o 4 de novembro de 2007)
Mostrando entradas con la etiqueta A profa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A profa. Mostrar todas las entradas
3.4.4.2. Recreación de obras artísticas
Un recurso moi utilizado na creación de carteis é a recreación de obras artísticas previas dándolles unha nova significación.
- Carteis baseados na obra O matrimonio Arnolfini de Van Eyck.

- Cartel baseado na obra O cuarto de Van Gogh.

- Cartel baseado no cadro Moza na ventá de Dalí.

- Cartel baseado na Venus do espello de Velázquez.

- Cartel baseado no cadro As señoritas de Avignon de Picasso.

- Cartel baseado no cadro de Velázquez As Meninas.

Mais non sempre o cartel ten por que reproducir toda a obra, senón que ás veces pode simplemente tomar dela algún elemento. Isto é o que acontece no seguinte cartel que incorpora na súa confección unha das figuras do Guernika de Picasso, máxima representación dos desastres da guerra dentro do mundo pictórico.

Recrear unha obra artística non consiste en copiala, senón en retomala e engadirlle novas perspectivas á súa interpretación.
A continuación tes exemplos de carteis sobre violencia de xénero realizados por estudantes coma ti que se basean na recreación de obras artísticas, para que poidas ver a diferenza amosámosche tamén a obra na que se basearon.
- Carteis baseados na obra O matrimonio Arnolfini de Van Eyck.

- Cartel baseado na obra O cuarto de Van Gogh.

- Cartel baseado no cadro Moza na ventá de Dalí.

- Cartel baseado na Venus do espello de Velázquez.

- Cartel baseado no cadro As señoritas de Avignon de Picasso.

- Cartel baseado no cadro de Velázquez As Meninas.

Mais non sempre o cartel ten por que reproducir toda a obra, senón que ás veces pode simplemente tomar dela algún elemento. Isto é o que acontece no seguinte cartel que incorpora na súa confección unha das figuras do Guernika de Picasso, máxima representación dos desastres da guerra dentro do mundo pictórico.

3.4.4.1. Metáforas visuais
As metáforas visuais son imaxes que remiten a ideas coñecidas por todo o mundo.
Velaquí tes exemplos dalgunhas metáforas visuais moi comúns ao tratar a violencia de xénero:
- O sangue representando a violencia.

- A candea representando a vida.

- O raio de luz representando a esperanza.

- O puño representando a agresión física.
- A gaiola como unha situación de prisión, o fogar como gaiola.

Velaquí tes exemplos dalgunhas metáforas visuais moi comúns ao tratar a violencia de xénero:
- O sangue representando a violencia.

- O cravo símbolo da dor, unha metáfora de longa traxectoria na nosa cultura desde que fora empregada por Rosalía de Castro (Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor).

- A candea representando a vida.

- O raio de luz representando a esperanza.

- O puño representando a agresión física.
- A gaiola como unha situación de prisión, o fogar como gaiola.

2.10. Actúa
ASINA

ENVÍA UNHA POSTAL
Podes colaborar con Amnistía Internacional a concienciar do problema da violencia de xénero ás persoas que coñeces enviándolles postais. Anímate e envía:
Descarga o documento Defende os teus dereitos. Guía práctica para mulleres que sofren violencia de xénero. Esta guía, elaborada pola Asociación de Mulleres Xuristas Themis, é unha axuda para coñecer de preto a administración de xustiza, o sistema xudicial penal e o sistema xudicial civil no referido á violencia de xénero. Aínda que, en principio, está orientada fundamentalmente ás mulleres que sofren violencia de xénero e que deciden dar o paso de denunciar a súa situación, tamén é un complemento útil para outros tipos de profesionais.
Súmate á campaña de Amnistía Internacional para rematar coa violencia contras as mulleres e asina, que o teu nome non falte.

ENVÍA UNHA POSTAL
Podes colaborar con Amnistía Internacional a concienciar do problema da violencia de xénero ás persoas que coñeces enviándolles postais. Anímate e envía:
CHAMA: 900 400 273 (Teléfono de atención ás mulleres)
LE
Descarga e consulta a Guía de Recursos para Mulleres que sofren a Violencia de Xénero editada en 2006 pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. A publicación presenta unha estruturación comarcal de xeito que unha muller poida saber a onde dirixirse con inmediatez para poder recibir asesoramento e atención coa maior calidade posible. Localiza os puntos de atención máis próximos á túa localidade.
LEDescarga e consulta a Guía de Recursos para Mulleres que sofren a Violencia de Xénero editada en 2006 pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. A publicación presenta unha estruturación comarcal de xeito que unha muller poida saber a onde dirixirse con inmediatez para poder recibir asesoramento e atención coa maior calidade posible. Localiza os puntos de atención máis próximos á túa localidade.
Descarga o documento Defende os teus dereitos. Guía práctica para mulleres que sofren violencia de xénero. Esta guía, elaborada pola Asociación de Mulleres Xuristas Themis, é unha axuda para coñecer de preto a administración de xustiza, o sistema xudicial penal e o sistema xudicial civil no referido á violencia de xénero. Aínda que, en principio, está orientada fundamentalmente ás mulleres que sofren violencia de xénero e que deciden dar o paso de denunciar a súa situación, tamén é un complemento útil para outros tipos de profesionais.
3.4.5.2. O texto como forma da composición
Tamén podemos integrar o texto como un elemento estético dentro do cartel, para isto podemos ter en conta:O tipo de letra é moi importante xa que asemade pode transmitir mensaxes tamén.

O tamaño da letra tamén engade unha interpretación engadida ao que a propia mensaxe di (por exemplo, a letra moi grande pode indicar berro, atención, medo... mentres que a letra moi pequena pode indicar timidez, susurro, medo...).

A distribución do texto tamén se pode converter nunha forma artística con valores plásticos.

3.4.5.1. O texto como mensaxe
A principal característica do texto do cartel é que debe ser curto, de forma que tan só leve uns segundos recibir a mensaxe.
A linguaxe que se emprega é sinxela.
Debes buscar textos curtos, directos e claros de forma que comuniques a mensaxe co mínimo número de elementos posible.
O emprego de interrogacións, frases incompletas, xogos de palabras, frases feitas, etc. son moi útiles para conseguir mensaxes impactantes.
Neste proxecto podes poñer o texto que queiras só cunha excepción, poñémosche como condición que nalgún lugar da cartolina apareza un dos seguintes textos:
- 25 de novembro
- Día contra a Violencia de Xénero
- 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero
Se non che vai ben integralo no conxunto do cartel, abonda con que o poñas como pé debaixo.
Debes buscar textos curtos, directos e claros de forma que comuniques a mensaxe co mínimo número de elementos posible.
O emprego de interrogacións, frases incompletas, xogos de palabras, frases feitas, etc. son moi útiles para conseguir mensaxes impactantes.
Neste proxecto podes poñer o texto que queiras só cunha excepción, poñémosche como condición que nalgún lugar da cartolina apareza un dos seguintes textos:- 25 de novembro
- Día contra a Violencia de Xénero
- 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero
Se non che vai ben integralo no conxunto do cartel, abonda con que o poñas como pé debaixo.
2.9. E ti que sabes agora?
Este apartado ten como finalidade que avalíes o apartado 2 do blog.____________________________
ACTIVIDADE 12: Recupera o cuestionario que realizaches na ACTIVIDADE 1 e comproba individualmente se as túas respostas terían cambiado nas diferentes partes do cuestionario. Agora faremos unha posta en común baseada só na resposta a dúas preguntas:
- Sabemos o que é a violencia de xénero?
- Despois de realizar estas actividades estamos máis preparados e preparadas para afrontar da mellor maneira posible para nós unha situación de violencia de xénero?
2.7. A VDX na Historia
A violencia de xénero non sempre foi considerada como algo negativo que debemos condenar, evitar e castigar.

Na Idade Antiga
A lei romana substitúe os procesos públicos xudiciais no castigo da adúltera pola vinganza privada, permitíndolle ao marido matar a muller.

Na Idade Media
Nos casos de adulterio e esterilidade feminina o home quedaba exento de penalidade en caso de homicidio e permitíaselle a escravización ou venda da muller.

Na Idade Moderna
Pensábase que nunha violación, o embarazo demostraba consentimento por parte da muller.
Na Idade Contemporánea
O deber conxugal autorizaba o marido a facer uso da violencia nos límites impostos pola “natureza”, polos costumes e polas leis, sempre que se tratase de actos do matrimonio. Asemade existía a obriga de que o violador pagara unha dote, considerando este feito como xeito de compensar a vítima ou a súa familia para favorecer o matrimonio.
O Código Penal español de 1870 recollía a vinganza de sangue como unha facultade criminal que lles era concedida aos pais e maridos para matar as súas fillas, as esposas e os homes que xacían con elas.
Debemos ter en conta que a figura do marido como cabeza de familia e a necesidade de licenza marital non desapareceron en España ata a Reforma do Código Civil de 1975.

Ata hai poucos anos este tipo de violencia nin sequera era considerado delito, nin se recollían datos sobre a súa incidencia, considerábase un tema privado que debía ser ocultado. Isto tiña unha tripla consecuencia:
- o desamparo da muller vítima,
- a impunidade do agresor, e
- a tolerancia social.
Estes datos demostran como a violencia de xénero é unha consecuencia directa dun sistema social patriarcal baseado na obediencia e subordinación das mulleres respecto dos homes, e sustentado por estruturas e costumes sociais que a levan alentando e lexitimando durante séculos.
A evolución da violencia contra as mulleres ao longo da historia axúdanos a decatarnos da importancia que ten que sexamos conscientes que estamos ante un problema de carácter social que nos afecta a todos como membros da comunidade.

Ao longo da historia a violencia de xénero estivo lexitimada lexislativamente, velaquí algúns exemplos:

2.5. As vítimas da VDX
A vítima principal e directa da violencia de xénero é a muller, mais a agresión non lle afecta só a ela senón que tamén existen outras vítimas.Así, cando se produce unha situación de violencia de xénero dentro da parella podemos sinalar estoutras vítimas da violencia de xénero:
- Os seus fillos e/ou fillas son vítimas directas tamén porque a situación de violencia altera a súa convivencia no fogar e o seu desenvolvemento psicolóxico. Nalgúns casos mesmo a agresión á muller deriva tamén nunha agresión aos fillos.

- O resto da familia e as amizades son vítimas indirectas da violencia de xénero pois ven alterado o funcionamento normal das relacións entre os seus membros e tamén sofren.

- As demais persoas do contorno, veciños, compañeiros de traballo, etc., isto é, o resto da sociedade, tamén se ve prexudicado pola situación de violencia de xénero, xa que altera o seu funcionamento harmónico.
2.4. O ciclo da violencia na parella

A maioría de casos de violencia contra as mulleres prodúcese dentro da parella. É por isto que debemos ter en conta que a violencia non xorde de súpeto na relación dunha parella, senón que vai aparecendo de forma progresiva describindo o que se denomina “ciclo da violencia”, que é un comportamento que se repite unha e outra vez.
As agresións constan dun ciclo de tres fases: tensión, agresión e reconciliación.
Fase de tensión: caracterízase por unha escalada gradual de tensión na relación, que se manifesta en insultos, abuso físico... O agresor expresa hostilidade e a muller intenta calmar a situación pensando que ela pode controlar a situación de agresión.
Fase de agresión: a tensión comezada na fase anterior, aumenta ata que se producen, os primeiros comportamentos violentos na forma de abusos físicos, psíquicos, sexuais... O agresor expresa a súa hostilidade de modo explosivo. Moitas mulleres non buscan axuda externa denunciando a agresión ata chegar a esta fase.Fase de conciliación ou lúa de mel: o maltratador amósase arrepentido, pídelle perdón á súa compañeira fomentando nela a esperanza e o desexo de que todo poida chegar a cambiar. Neste momento a muller fíxase nos aspectos positivos da súa parella e só quere esquecer o sucedido. É por esta altura que a muller intenta modificar condutas que ela cre que puideron conducir á agresión para que non se volva a producir, mais está enganada porque que a agresión se repita non depende do seu comportamento. A existencia desta fase é o que explica que moitas mulleres decidan retirar as denuncias presentadas na fase de agresión.
Cando se produce por primeira vez o ciclo da violencia a muller tende a pensar que se tratou dun feito illado que non se vai repetir, pero está nun erro. O ciclo da violencia ao principio dura moito tempo, pero cada vez se vai ir repetindo con máis frecuencia ata que chega un momento en que en vez de existir tres fases o ciclo se reduce só á fase de agresión.
É moi importante que coñezamos o funcionamento do ciclo da violencia xa que só deste xeito poderemos detectar cando entramos a formar parte del e poderemos tomar medidas para saír desa situación.

Para que as recoñezas cando as vexas, velaquí tes as 13 accións principais que constitúen violencia de xénero dentro da parella:
1. O agresor impídelle á muller ver a familia ou ter relacións con amigos e/ou veciños.
2. O agresor quítalle á muller os cartos que gaña ou non lle dá o suficiente que precisa para manterse.
3. O agresor insulta a muller e/ou ameázaa.
4. O agresor dille á muller as cousas que pode ou non pode facer.
5. O agresor insiste en ter relacións sexuais aínda que saiba que a muller non quere.
6. O agresor non ten en conta as necesidades da muller.
7. O agresor mételle medo á muller.
8. O agresor cando se enfada empurra a muller e/ou golpéaa.
9. O agresor dille á muller que onde vai ir sen el.
10. O agresor dille á muller que todas as cousas que fai están mal, que é torpe.
11. O agresor ironiza ou non valora as crenzas da muller.
12. O agresor non valora o traballo que realiza a muller.
13. O agresor diante dos fillos e fillas di cousas que a fan quedar á muller en mal lugar.
Agora realizade a actividade 9.
____________________________
ACTIVIDADE 9: Dividide o encerado en dúas metades. Agora poñédevos no lugar dunha muller maltratada e ide escribindo na parte dereita do encerado cinco motivos que se vos ocorren para retirar unha denuncia por unha agresión da vosa parella. Agora poñédevos no lugar dunha amiga ou dun amigo desa muller e ide escribindo na parte esquerda do encerado cinco motivos que se vos ocorren para non retirar a denuncia. Logo contrastade a diferente percepción da realidade que hai entre uns pensamentos e outros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)